Seguidores

martes, 30 de marzo de 2021

Coa música descriptiva xogamos e cantamos

 A música descriptiva 

é aquela música que nos conta unha historia, nos describe algo utilizando a linguaxe da música: os seus instrumentos, as alturas, duración e intensidade...é a combinación perfecta para suxerir unha escea determinada, coma se fosen pequenas bandas sonoras que tí mesm@ podes crear coa túa  imaxinación


Un desas obras musicais descriptivas é o poema sinfónico 

de...


                  🎵BEDRICH SMETANA🎵
                            Titulado    EL MOLDAVA
Smetana compuxo unha serie de poemas sinfónicos para describirnos distintos paisaxes do seu país, a República Checa.Todos estes poemas chámanse " Mi Patria"
O poema sinfónico que nos fala do río Moldava é o que eleximos para traballar, contanos como nace o río, gota a gota nas altas montañas e coma vai crecendo pouco a pouco a medida que os riachuelos vanse formando, crecen ata formar o río que cruza a magnífica cidade de PRAGA, ao final do seu camiño se funde co río Elba e así acompañan as súas augas ata o MAR💧💦💧


Aquí temos un pequeniño exemplo cos debuxos da nosa profe Silvia Montes do tema principal do Moldava,tamén visualizamos o seu musicograma,  moitas grazas polos teus marabillosos debuxos, sempre nos encantan💗💗💗


Comeza cunha melodía na frauta e no clarinete que imita o fluir das augas que comezan o seu camiño, logo os violíns e as madeiras continúan para semellar máis auga e movemento


Aquí temos nas demais escolas coma tamén traballamos esta audición








 
 

1 comentario:

  1. MUCHAS GRACIAS ENSEÑARNOS COSAS MUY CHULIS Y DIVERTIDAS.Muchos besitos y muchas gracias. Te queremos mucho, profe María

    ResponderEliminar