Seguidores

martes, 27 de junio de 2017

Celebrando o día internacional da MÚSICA!!!!!



O pasado día 21 de xuño celebramos o día 
internacional da música facendo unha manualidade como recordo do día e cantamos e bailamos nas aulas para celebralo dun  xeito musical.


          



Tamén cantamos que viva a música!!!!


           



E os peques da escola de Guísamo quixeron celebralo con unha das cancións preferidas deste curso...


          

A mesma canción en versión espontánea por algunhas das nenas maiores de Guísamo que nola quixeron cantar no patio da escola o último día de cole.

        

lunes, 26 de junio de 2017

Tubos sonoros

Estamos moi content@s coa novidade, temos un instrumento novo no CRA, chámanse Tubos sonoros de percusión ou Boomwhackers, faciliños de tocar e cun son moi chulo, mirade que ben os tocamos e o que nos gustan.


         


Do mesmo xeito acompañamos o SOL e o MI coas placas de metalófono que xa sabemos tocar con dúas baquetas, ollade os videos que saen a continuación....