Seguidores

martes, 27 de junio de 2017

Celebrando o día internacional da MÚSICA!!!!!



O pasado día 21 de xuño celebramos o día 
internacional da música facendo unha manualidade como recordo do día e cantamos e bailamos nas aulas para celebralo dun  xeito musical.


          



Tamén cantamos que viva a música!!!!


           



E os peques da escola de Guísamo quixeron celebralo con unha das cancións preferidas deste curso...


          

A mesma canción en versión espontánea por algunhas das nenas maiores de Guísamo que nola quixeron cantar no patio da escola o último día de cole.

        

lunes, 26 de junio de 2017

Tubos sonoros

Estamos moi content@s coa novidade, temos un instrumento novo no CRA, chámanse Tubos sonoros de percusión ou Boomwhackers, faciliños de tocar e cun son moi chulo, mirade que ben os tocamos e o que nos gustan.


         


Do mesmo xeito acompañamos o SOL e o MI coas placas de metalófono que xa sabemos tocar con dúas baquetas, ollade os videos que saen a continuación....


  



jueves, 20 de abril de 2017

CROCODILO

UN CROCODILO VEUNOS VISITAR POR UN TEMPO AS NOSAS ESCOLAS,
CHÁMASE COCO E AMOSOUNOS OS SEUS AMIGOS E O QUE MÁIS LLE GUSTA FACER , SE QUEREDES DESCUBRILO MIRADE ESTES VIDEOS.

(Damos as grazas a Alonso que nos trouxo a COCO para coñecelo)







Tamén fixemos fotos co AURASMA que nos fixo a profe Silvia,grazas profe, para ver como podemos sair coa imaxe de realidade virtual, neste caso cun COCO virtuosísimo.


          

E agora aquí nos tedes interpretando esta canción taaaaan chula de Susa Herrera que deunos moito xogo, cantamos, bailamos e  ...completabamos un puzzle de crocodilo coa canción!


       

Fixemos unha castañola de crocodilo nas aulas para acompañar a canción, traballamos moito e con moitas ganas, para que o vexades, ahí vai outro video...



viernes, 3 de febrero de 2017

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ!!!



XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO E NESTA OCASIÓN PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ QUE ESTIVEMOS CANTANDO POR MEDIO DUNHA VIDEO CONFERENCIA ENTRE TODAS AS ESCOLAS...



          



TAMÉN  EN TODAS AS ESCOLAS FIXEMOS UNHA SOLTA DE POMBAS POLA PAZ E CANTAMOS DE NOVO A CANCIÓN DAS "CAMPÁS POLA PAZ"


            

(Canción de Migallas )