Seguidores

viernes, 25 de noviembre de 2016

Celebrando o día da Música


XA ESTAMOS DISPOST@S PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DA MÚSICA, ASÍ QUE AMOSAMOS AQUÍ DIVERSAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS E SEGUIMOS A FACER....


         



ESCOITADE, ESCOITADE O BEN QUE CANTAMOS NO CRA....


          



BAILAMOS CON MOITO RITMO ESTE BAILONGO DA BANDA ATENCIÓN ATENCIÓN 

       


TIVEMOS UNHA GRATA SORPRESA NAS AULAS DE GUÍSAMO, VALENTÍN NOS AMOSOU A SÚA VESTIMENTA GALEGA DE GAITEIRO E A SÚA GAITA, ADEMÁIS TOCOU PARA NÓS ALGUNS TEMAS MOI FESTEIROS.....


      

lunes, 26 de septiembre de 2016

Xa estamos de novo coa música no CRA



UNHA VEZ ESTREADO O NOVO CURSO XA ESTAMOS A FACER DE NOVO MÚSICA NO CRA...
ESTE VIDEO QUE DEIXAMOS É  UN APERITIVO DAS NOVAS QUE PRONTO IMOS COLGAR


             

Este foi un mural que fixeron os nenos e nenas de Silvoso despois dun conto musical sobre a tuba

martes, 28 de junio de 2016

Visita ao CRUZ DO SAR!!!


E PARA REMATAR O CURSO IMOS DE VISITA AO CRUZ DO SAR , COMA SEMPRE ALÍ SOMOS MOI BEN RECIBID@S E XUNTO CON ELES, ESTE ANO, CANTAMOS E BAILAMOS UN SUPER ÉXITO DO LIBRO DA SELVA.




SAÍUNOS  DE MARABILLA E GOZAMOS MOITÍSIMO CON TOD@S @S N@S@S ANTIGU@S COMPIS DO CRA E CO NOSO FUTURO COLE!!!!!
Noraboa aos nenos e nenas que promocionan...

domingo, 29 de mayo de 2016

Compartindo emocións


ESCOITANDO DIFERENTES TIPOS DE MÚSICA 

SENTIMOS COMO CAMBIAN AS NOSAS EMOCIÓNS, 

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN EXEMPLO DE TODAS ELAS 

COS NOSOS AMIGUIÑOS OS MONSTROS DE CORES...



PRIMEIRO SENTIMOS A CALMA E O  MEDO ,






LOGO A ALEGRÍA, A TRISTURA E A RABIA  ...

  


e  moito  AMOR!!!









...COMA RESUME VOS DEIXAMOS A TODAS AS 

EMOCIÓNS XUNTAS  BAILANDO COS MONSTROS

QUE FORON NOSOS AMIGUIÑOS E COS QUE 

DESFRUTAMOS UN MONTÓN!!!



Grazas e cariños especiais a Almudena que nos deixou desfrutar cos seus monstros

lunes, 16 de mayo de 2016

Día das letras galegas!!!!

Aproveitando un dos poemas de Manuel María construímos unha maraca coas legumes que xa tiñamos nas escolas logo de traballalas e construímos a nosa maraca maraqueira para cantarlle ao caracol do poema ...




Mirade o resultado xa cantando, somos uns artist@s tocando e cantando coa maraca personalizada 





Tivemos a sorte de poder escoitar a Paco Nogueiras que nos veu cantar e contar co seu Brinca Vai, o pasamos fenomenal e cantamos, saltamos e rímos un montón!!!!!



Canta marchaaaaaaa!!!!!

 

OS NOSOS AMIGUIÑOS

E POR FIN AQUÍ TEMOS O RESULTADO DE TANTO XOGO QUE NOS DERON OS NOSOS AMIGOS OS MONSTRUOS DE CORES, O PRIMEIRO É COÑECER A CANCIÓN QUE LLES CANTAMOS...



Aprendímola por partes facendo os xestos correspondentes








Logo aprendímola enteira, con cada cor e cada emoción......



Quédanos chulísima así por partes...




Unha vez que aprendímola ben, agora aquí a temos enteira!


jueves, 14 de abril de 2016

Xogamos cos sons dos instrumentos musicais

Esta semana tivemos a sorte de ter entre nós un xogo que pasou por todas as escolas do CRA, tíñamos que adiviñar de que instrumento se trataba, o pasamos xenial!!!





Grazas aos nosos amigos de Guísamo, Mencía e Antón que nos deixaron este xogo tan divertido.

miércoles, 16 de marzo de 2016

Debuxando emocións cos nosos amigos

Debuxamos emocións cos nosos amiguiños monstros de cores, traballamos tanto con eles e somos tan amigos que tentamos de debuxalos coa emoción que máis nos gusta



TAMÉN APREDIMOS A ESCOITAR E FACER UN DICTADO MUSICAL COAS EMOCIÓNS.




Con músicas diferentes que nos provocan emocións escoitamos e aprendemos a facer un dictado segundo o que a música nos inspira, foi moi chulo e, ademáis, os nosos amiguiños, os monstros de cores, estaban con nós para axudarnos...

jueves, 25 de febrero de 2016

Amiguiños especiais!!!!

Temos rondando polas nosas escolas uns amiguiños moi especiais que viñeron dende outro cole, dende o CEE Manuel López Navalón de Santiago de Compostela, e como a profe Almudena e os seus nen@s son tan bos amigos nosos, nolos van emprestar por unha temporadiña, mirade que sorte que temos no Cra de Bergondo, yupiiiii!!!!!!
En pouco tempo faremos unha entradiña no blogue para que vexades a sorpresa que temos...
Bicos e moitas grazas a profe e os seus nen@s!!!!!

domingo, 31 de enero de 2016

DÍA DA PAZ

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ NO CRA, CANTAMOS TODAS AS ESCOLAS A CANCIÓN AO MESMO TEMPO GRAZAS Á CONEXIÓN QUE FIXEMOS POR VIDEO, ESTIVO XENIAL A EXPERIENCIA...

AQUÍ VOS DEIXAMOS O VIDEO PARA QUE A ESCOITEDES


E LOGO SAÍMOS AO PATIO PARA FACER A SOLTA DA NOSA POMBA DA PAZ.