Seguidores

domingo, 22 de noviembre de 2015

Celebramos o día de Santa Cecilia!!!!


O DÍA 22 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O DÍA DE SANTA CECILIA, PATRONA DA MÚSICA.

POR ISO QUEREMOLO CELEBRAR DENDE O CRA COA MARABILLOSA MÚSICA QUE NOS DEIXOU ANTONIO VIVALDI E AS SÚAS CATRO ESTACIÓNS.


OLLADE ESTE VIDEO DOS CÍRCULOS DE GUÍSAMO QUE ELES MESMOS AXUDARON Á CREACIÓN DO MUSICOGRAMA



NORABOA A TOD@S OS NEN@S DO CRA POR ESTE DÍA TAN BONITO E MUSICAL

miércoles, 11 de noviembre de 2015

O NOSO SAMAÍN

MIRADE QUÉ CABAZAS TAN BONITAS FIXEMOS NA CASA, E O BEN QUE QUEDARON NO COLE, LOGO NO VIDEO PODEDES APRECIAR A CANCIÓN TERRORÍFICA QUE CANTAMOS SOBRE O SAMAÍN....JA,JA,JA,JA,JA!!!!!!



viernes, 16 de octubre de 2015

Bo día amiguiños, bo día amiguiñas...

Comezamos as nosas sesións musicais desexándonos un Bo día con esta canción...



Mirade tamén dende Silvoso o ben que o fan...




E dende as demáis escolas e con moitas ganas comezamos desexándonos un bo día!!!!

...Ata a próxima entrada...


lunes, 21 de septiembre de 2015

Comezando con moito ritmo!!!

Xa nos queda menos para o comezo das clases de música que tanto vos gustan,dentro de nadiña xa teremos moitas cancións e moito ritmo para pasalo xenial, vos esperamos por estos lares con novidades musicais...

martes, 16 de junio de 2015

Visitámolo CPI " Cruz do Sar"

Pasámolo en grande na nosa visita final de curso ó CPI, alí iremos moitos de nós para o próximo curso, así que non queríamos despedirnos sen antes ofrecervos a nosa actuación estelar nese centro, gustou tantísimo que ata repetimos e bailaron e cantaron con todos os nenos e nenas do CRA...  
      
                         


            
                        

lunes, 18 de mayo de 2015

¡¡¡¡¡¡¡Excursión á praia de GANDARÍO!!!!!!

TIVEMOS UNA SORTE TREMENDA, PUIDEMOS IR DE EXCURSIÓN Á PRAIA DE GANDARÍO E ALÍ FACER XOGOS, DEBUXAR NA AREA E TER A AXUDA DOS VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE BERGONDO QUE NOS AMOSARON COUSAS MOI INTERESANTES....



E COMA COLOFÓN FINAL A NOSA EXCURSIÓN PUIDEMOS CANTAR E DESFRUTAR CANTANDOLLE Á NOSA QUERIDA CARACOLA MANOLA





jueves, 12 de marzo de 2015

Na nosa viaxe atopámonos...

...UNHA CARACOLA MOI ESPECIAL!!!!


A COÑECÍAMOS DENDE HAI TEMPO PERO O VOLTAR A NOSA AVENTURA MARÍTIMA ATOPÁMOLA DE NOVO E LLE QUIXEMOS CANTAR, VOLA PRESENTAMOS NO SEGUINTE VIDEO.



                               


E UNHA VEZ QUE A CANTAMOS, ACOMPAÑÁMOLA COAS CUNCHAS DAS VIEIRAS QUE SON O NOSO INSTRUMENTO MARIÑO DE PERCUSIÓN MÁS SIGNIFICATIVO, OLLADE QUE BEN O FACEMOS ...



                             

Quedábanos por poñer o video dos nenos e nenas da escola de Silvoso para ver e escoitar a canción enteira facendo o xogo de oído interno, ese no que nos " imos comendo" partes da canción e que é moi divertido...


                                       
 Utilizamos as cunchas de vieiras, son un instrumento tradicional galego que se utiliza sobre todo nas zonas de litoral, podédelas ver e escoitar neste enlace que propoñemos


jueves, 15 de enero de 2015

Peixes grandes e pequenos

Unha vez comezado este ano novo imos amosar o ben que rematamos o anterior cantando, bailando e dramatizando unha canción chulísima de Mamá Cabra que nos encantou...

                   


Unha vez que aprendemos a canción xa puidemos bailala e dramatizala cos peixiños pequenos e grandes


              
 



 Tamén fixemos algo máis cos peixiños, escoitar unha música preciosa do compositor barroco Händel e aprendimos que compuxo unha obra titulada " Música Acuática" coa que lle rendiu homenaxe a auga que é o medio no que viven os nosos peixiños grandes e pequenos, mirade que ben o fixemos....