Seguidores

lunes, 19 de mayo de 2014

Escoitando e tocando


Facemos unha paradiña na nosa viaxe con Madlenka, e antes de voltar a nosa terra,a BERGONDO, quedámonos relaxados pero escoitando e tocando unha música preciosa do compositor español

JOAQUIN RODRIGO




Unímos o noso proxecto aquí debido a que coa visita do centro de discapacitados de FIOBRE, que está  cerca das nosas escolas, tamén aprendimos que o compositor estaba cego dende os 3 anos por unha enfermidade e que toda a súa obra escribíuna en  Braille e deulle importancia a guitarra española na súa música coma no famoso " Concerto de Aranjuez " e deuna a coñecer a todo o mundo coas súas producións.


Encantounos escoitar a guitarra española así como poder instrumentalo coa pequena percusión, aquí o podedes ver no seguinte video.






A música é da obra " Fantasía para un gentilhombre" , é un concerto para guitarra e orquestra que tamén tivo moito éxito que ten catro movementos, aquí interpretan a "Danza das hachas"que é o terceiro movemento do mesmo...

2 comentarios:

  1. Gracias, Juani, a verdade é que están moi adiantados e lles motiva moitísimo tocar e saber xa interpretar a figuración rítmica para facelo, son uns artistas!!!

    ResponderEliminar