Seguidores

martes, 2 de abril de 2013

Viaxamos á ALEMAÑA

Continuamos a nosa viaxe con Madlenka, seguimos cara a Alemaña e atopámonos con un compositor moi coñecido por nós, trátase de BEETHOVEN, foi pianista, compositor e director de orquesta.

Fixo moitísimas obras musicais, cuartetos de corda, concertos, sonatas, óperas e música vocal, nove sinfonías das que xa coñecimos a novena polo traballo do día da paz, etc...

Aquí podemos ver o ben que instrumentan os nenos e nenas do CRA unha audición sobre unha  das CONTRADANZAS do músico tan famoso que coñecimos......





¡¡¡...e agora veredes o ben que cantan unha canción infantil alemana co difícil que é  de pronuncialo!!!





Alle meine Entchen
schwimmen auf dem See,
schwimmen auf dem See,
Köpfchen in das Wasser,

Schwänzchen in die Höh'

Quere dicir o seguinte:
Todos os parrulos

nadan na auga, 
nadan na auga,
cabeciñas cara abaixo,
coliñas en alto.