Seguidores

miércoles, 18 de diciembre de 2013

¡¡¡Chegou o NADAL!!!


Coa chegada do NADAL, no son do Cra estivemos cantando, tocando e bailando panxoliñas novas e coñecidas xa doutros anos, vos poñemos algún exemplo abaixo...


Instrumentamos a panxoliña popular de " Campaíña do lugar":





Encantóunos a nova panxoliña de Mamá Cabra titulada " OS TRES REIS" e ollade que ben a bailamos e cantamos....




...e por suposto tamén a instrumentamos...





                        ¡¡¡BO NADAL!!!


lunes, 9 de diciembre de 2013

¡¡¡¡O ben que traballamos XAPÓN!!!!

¡¡¡Ollade este video e como manexamos os palillos xaponeses!!!




E qué ben aprendimos a facer ritmos con eles....





¡¡¡Tamén os cadradiños o fixemos de marabilla!!!






E como non podía ser doutro xeito aquí vos deixamos a nosa canción do ratón de XAPÓN






Os maiores de Carrio tamén a cantamos e bailamos así de ben...




Asi despedímonos de Xapón ata a próxima entrada que veremos os REIS MAGOS que se van achegando...

lunes, 11 de noviembre de 2013

Viaxando a Xapón

Temos a sorte de que os pasos da nosa amiga Madlenka se dirixen ó país do sol nacente, a XAPÓN, e resulta que alí vive un ratón que nos vai cantar unha historia moi graciosa xa que vive alí , ollade este video...




Agradecementos e bicos á profe Silvia que nos axudou con este video tan bonito e os seus fantasticos debuxos que tanto nos gustan

martes, 22 de octubre de 2013

lunes, 21 de octubre de 2013

Imos cantarlle o outono

Estamos de novo na estación do OUTONO, imos darlle a benvida cantando, tocando e dramatizando a belísima música que compuxo VIVALDI para esta estación...


martes, 21 de mayo de 2013

¡¡¡Canción africana!!!



Unha vez que nos atopamos en África con Madlenka, e traballado xa Exipto, agora os amosamos a canción africana que estamos a aprender nas escolas, no seguinte video podedes escoitala e así praticala para que a saibamos de marabilla....





Kokoleokó, mama, Koleoko ( BIS)
Aba, mama, aba,  
aba, mama, koleokó.


Traducida quere dicir isto:

El gallo canta, mamá, 
debemos levantarnos, mamá,
mamá, el gallo canta.


Fuente 
http://cpespontmusica.blogspot.com.es/2009/10/kokoleoko.html
Las imágenes ha sido tomadas de la Red de diversas fuentes.


jueves, 16 de mayo de 2013

Seguimos de viaxe con Madlenka

Agora estamos en Exipto seguindo a nosa amiga que nos vai descubrindo moitísimas cousas, e como non, tamén a música.
Mirade que ben bailamos e cantamos esta canción adicada a unha camela moi simpática que se disfraza con nós...




Así a cantaron en Guisamo, na aula dos cadrados, mirade agora tamén en Vixoi a mesma canción...




Do mesmo xeito aprendimos a bailar como exipcios, con ese xesto tan típico deles para bailar, aquí podedes vernos facendo de exipcios cunha canción moi coñecida do grupo  The Bangles titulada:" Walk like an egyptian".





Estes exipcios estaban na escola de Silvoso, mirade no seguinte video de novo os exipcios de Vixoi!!!!


martes, 2 de abril de 2013

Viaxamos á ALEMAÑA

Continuamos a nosa viaxe con Madlenka, seguimos cara a Alemaña e atopámonos con un compositor moi coñecido por nós, trátase de BEETHOVEN, foi pianista, compositor e director de orquesta.

Fixo moitísimas obras musicais, cuartetos de corda, concertos, sonatas, óperas e música vocal, nove sinfonías das que xa coñecimos a novena polo traballo do día da paz, etc...

Aquí podemos ver o ben que instrumentan os nenos e nenas do CRA unha audición sobre unha  das CONTRADANZAS do músico tan famoso que coñecimos......





¡¡¡...e agora veredes o ben que cantan unha canción infantil alemana co difícil que é  de pronuncialo!!!





Alle meine Entchen
schwimmen auf dem See,
schwimmen auf dem See,
Köpfchen in das Wasser,

Schwänzchen in die Höh'

Quere dicir o seguinte:
Todos os parrulos

nadan na auga, 
nadan na auga,
cabeciñas cara abaixo,
coliñas en alto.

jueves, 7 de febrero de 2013

Italia!!!!

Coas viaxes de Madlenka, atopámonos na "BELLA ITALIA"!!!!
(mirade no glogster a música preciosa que adxunta)



En todas as escolas do CRA disfrutamos moitísimo con esta canción, xa veredes no video seguinte:





A letra da nosa canción italiana di así:


Io sono un bambino picco, piccolino,


tu sei una bambina picco, piccolina.

Io sono un bambino picco, piccolino,

tu sei una bambina picco, piccolina.

Fai la a, fai la e, fai la i, fai la o.

Fai la a, fai la e, fai la i, la o la u.



Na escola de Carrio fixemos a versión de cantala os
 nenos" bambinos" e as nenas" bambinas", coma ben dixo ALBA, mirade que ben nos saíu tamén:




miércoles, 30 de enero de 2013

Celebrando o día da PAZ

"Grazas á profe Silvia M. pola pomba Elmearizada"

Celebramos o día da PAZ co noso amigo ELMER 
( agradecementos pola cesión do video http://www.teatrodelaluna.com·)



miércoles, 23 de enero de 2013

Coas miñas mans fago A PAZ

Esta é unha das nosas cancións para celebrar o día DA PAZ, fixemos unha versión da canción de "Mamá Cabra".




...e os nenos e nenas de SILVOSO tamén quixeron saír cantando a canción...