Seguidores

domingo, 17 de junio de 2012

Cadros para unha exposición!!!

Estivemos traballando a audición da obra de Modest Mussorgsky titulada
 "Cadros para unha exposición", nela aprendimos coma lles  puxo música os cadros do seu amigo Víctor Hartmann, un total de dez cadros para homenaxear o seu amigo...

 
O primeiro cadro que escoitamos, e dramatizamos foi o "Baile dos poliños no seu cascarón", nel o compositor imaxinou o movidiños que poden ser os poliños no momento de nacer, así que o poliño maior e a mamá galiña ten que aparecer de cando en vez a poñer orden no seu niño, fixádevos o ben que dramatizan estes nenos e nenas dunha das aulas de Guísamo.

O seguinte cadro que traballamos trata dun gnomo algo tímido que non quere sair da súa árbore....




E por último escoitamos logo de ver o conto da bruxa rusa BABAGAYA que nos deu moito traballo de audición e ritmo... 


4 comentarios:

  1. Noraboa María, da gusto ver aos rapaces disfrutando da música e expresando corporalmente a súa interpretación do que escoitan. Que ben o fan e que ritmo. Xenial!!!Unha aperta musical!

    ResponderEliminar
  2. Pero estes nenos de Bergondo.... menudos artistas!! E por suposto a profe tamén. Noraboa a todos!

    ResponderEliminar
  3. ¡¡Noraboa María!!¡¡ Unhas dramatizacións preciosas!! Deixádesme coa boca aberta do ben que o facedes. ¡¡Biquiños musicais para tod@s!!

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas, compis, así da gusto de colgar cousas no blogue, estades en todo, noraboa tamén para vosotras....
    Biquiños e ánimos

    ResponderEliminar