Seguidores

martes, 19 de junio de 2012

A noite de San Xoán





Agora que xa se achega a noite de San Xoán imos amosaros o ben que facemos a cantiga popular


(Grazas pola sardiña tan típica e tan bonita , Silvia)

domingo, 17 de junio de 2012

Cadros para unha exposición!!!

Estivemos traballando a audición da obra de Modest Mussorgsky titulada
 "Cadros para unha exposición", nela aprendimos coma lles  puxo música os cadros do seu amigo Víctor Hartmann, un total de dez cadros para homenaxear o seu amigo...

 
O primeiro cadro que escoitamos, e dramatizamos foi o "Baile dos poliños no seu cascarón", nel o compositor imaxinou o movidiños que poden ser os poliños no momento de nacer, así que o poliño maior e a mamá galiña ten que aparecer de cando en vez a poñer orden no seu niño, fixádevos o ben que dramatizan estes nenos e nenas dunha das aulas de Guísamo.

O seguinte cadro que traballamos trata dun gnomo algo tímido que non quere sair da súa árbore....




E por último escoitamos logo de ver o conto da bruxa rusa BABAGAYA que nos deu moito traballo de audición e ritmo... 


miércoles, 13 de junio de 2012

Collín toxos e frores!!!

Unha vez que se achega o final de curso cantamos esta canción tan popular e divertida, mirade que ben o fan estes nen@s de Vixoi



jueves, 7 de junio de 2012

A nosa visita ó Cruz do Sar!!!

Saímos o mércores a visitar o cole grande, alí estivemos na aula de música, foi moi divertido e aprendimos moitas cousas, entre elas a facer música con vasos....
                                     






Aquí veredes o ben que o fixeron, quedamos abraiad@s coa súa actuación

 

lunes, 4 de junio de 2012

Sons con moita arte!!!

Unha vez traballados os diferentes pintores nas aulas do CRA, dende o noso magnífico  arte dos sons, tamén fixemos un  achegamento ó mundo pictórico...

Ide botando unha ollada a nosa canción que fai os honores ás cores...