Seguidores

miércoles, 8 de febrero de 2012

Semana de dramatización e audición activa nas escolas do CRA

Esta semana estámolo a pasar moi ben co traballo sobre o compositor Richard Delalande

Richard Delalande foi un compositor, organista e violinista francés(1657-1726) que traballou na corte do Rei Luis XIV de Francia, chamado tamén "El Rey SOL", o "Luis el Grande" .
O Rei encárgalle a Richard a creación dun concerto para as festas que celebraba no marabilloso palacio de Versalles, así que o compositor escribiuno para que as trompetas co seu son brillante e maxestuoso marcara a entrada do Rei no salón do palacio onde os invitados o esperaban.

Os nen@s da escola de Silvoso dramatizan así a entrada dos Reis no salón principal e van saudando ós invitados á festa, logo abren o baile e tod@s os invitados bailan xunto con eles, mirade que ben o fan...




Audición:
" Primer aire del Concierto de trompetas para las cenas del Rey de las fiestas del canal de Versalles".  ( Richard Delalande)

1 comentario:

  1. Cada día descubrimos mais dotes artísticas nestes silvosiños. Da gusto velos.

    ResponderEliminar