Seguidores

jueves, 16 de febrero de 2012

¡¡¡A cantiga do ENTROIDO escola por escola!!!

Empezamos por CARRIO, fixádevos que ben o fixeron nesta escola, cantan e bailan xenial, ahí vai a súa estrofa...

Carrio I ...
 
...e Carrio II

 

Agora pasamos a escola de GUÍSAMO que cantan a súa estrofa os nen@s da aula dos cadrados...

 

Unha vez escoitadas as anteriores aínda nos quedan por escoitar e ver os artistas que temos en LUBRE, aínda que con algunha que outra baixa o fixeron de marabilla...


En  SILVOSO tamén o fan con tantas ganas que velahí tedes o resultado
  

..E xa por ultimo e con moito ritmo rematamos a nosa cantiga do Entroido coa escola de VIXOI...


 

TAN SÓ QUEDA DESEXAR UN FELIZ ENTROIDO!!!!

miércoles, 15 de febrero de 2012

miércoles, 8 de febrero de 2012

CANTIGA DO ENTROIDO

Esta é a Cantiga que imos a cantar e  bailar no Entroido, é moi movidiña e salseira

aquí a podedes ver en grande:


Pero practicala coa música ollade o vídeo:

Semana de dramatización e audición activa nas escolas do CRA

Esta semana estámolo a pasar moi ben co traballo sobre o compositor Richard Delalande

Richard Delalande foi un compositor, organista e violinista francés(1657-1726) que traballou na corte do Rei Luis XIV de Francia, chamado tamén "El Rey SOL", o "Luis el Grande" .
O Rei encárgalle a Richard a creación dun concerto para as festas que celebraba no marabilloso palacio de Versalles, así que o compositor escribiuno para que as trompetas co seu son brillante e maxestuoso marcara a entrada do Rei no salón do palacio onde os invitados o esperaban.

Os nen@s da escola de Silvoso dramatizan así a entrada dos Reis no salón principal e van saudando ós invitados á festa, logo abren o baile e tod@s os invitados bailan xunto con eles, mirade que ben o fan...




Audición:
" Primer aire del Concierto de trompetas para las cenas del Rey de las fiestas del canal de Versalles".  ( Richard Delalande)

viernes, 3 de febrero de 2012

Guísamo á escena

...e rematamos esta semana chea de acontecementos coa escola de Guísamo...

¡¡¡Aquí podedes ver e escoitar os artistas que temos nestas tres clases!!!



Na aula dos círculos cantamos e bailamos a canción do "Pingüín Sadurniño", moi axeitada para a semana de frío que tivemos, fixádevos que ben se moven...





E por último subimos ó escenario a aula dos cadrados, aínda que éstaban moi pouquiños non lles faltaron as ganas e o fixeron xenial, mirade que ben cantan e acompañan a canción dos animaliños de esta semana...


...e xa estamos na procura da canción " salseira" para o próximo ENTROIDO, non vola perdades...
O DÍA DA PAZ CELEBRÁMOLO CANTANDO DE NOVO