Seguidores

lunes, 17 de diciembre de 2012

OS MAGOS EN CAMIÓN!!!

AQUÍ TEMOS A NOVA PANXOLIÑA DESTE NADAL, MAÍS ABAIXO ESTÁ A LETRA PARA QUE A POIDADES CANTAR E DESFRUTAR.



domingo, 2 de diciembre de 2012

Bailando na INDIA

Unha vez que xa coñecimos moitas cousas e tradicións da India xa podedes ver o ben que bailamos a nosa danza hindú...



Disfrutádea cos cadradiños do CRA!!!!

jueves, 22 de noviembre de 2012

Imos cara á INDIA!!!!

Coa nosa viaxe iniciada con Madlenka agora tócanos visitar un país do máis exótico, cheo de contrastes, moitas cores e música.

 Algúns dos instrumentos que estamos a coñecer da India son:


domingo, 11 de noviembre de 2012

¡¡¡Vive la FRANCE!!!

Con Madlenka estivemos visitando un dos nosos países veciños, Francia....



Aprendimos unha cancionciña francesa moi sinxela que di así:

"Mon papa ne veut pas que je danse,que je danse,
mon papa ne veut pas que je danse la POLKA"
(escoitade que ben aprenderon o francés)



...E mirade tamén en Vixoi que ben o cantan...


sábado, 10 de noviembre de 2012

O outono de Vivaldi

A aula dos cadrados estivo bailando coas follas que caeron no outono...




martes, 6 de noviembre de 2012

Musicando con Vivaldi

No CRA estamos a musiquear coa audición do OUTONO de Vivaldi, pronto teredes novidades no blog do SON DO CRA sobre o noso traballiño, estamos moi ocupad@s...


domingo, 28 de octubre de 2012

Coa chegada do outono...a castaña viaxeira!!!!



Co outono chegou unha castaña ó CRA que non para de viaxar e viaxar, foi por todas as escolas facéndonos cantar e bailar...




Try our slideshow creator at Animoto.











As bolboretas comezaron pasándoa dunha man a outra man...





As xoaniñas a pasaron por parellas...





...e en Lubre a castaña xa non quixo parar de pasar por todas as mans....


martes, 16 de octubre de 2012

Xogo do tren musical


As bolboretas de Carrio fixeron de marabilla o xogo do tren, xa veredes no seguinte video!!!! 

Pasan por diferentes estacións segundo o son que soa e non o dubidan...



miércoles, 10 de octubre de 2012

Instrumentando a BEETHOVEN!!!!

Coa música de Beethoven e a súa  "Contradanza" instrumentamos coas maracas e os cascabeis simulando os ratiños e os gatiños do conto traballado.


















jueves, 27 de septiembre de 2012

¡¡¡¡¡¡Máis música!!!!!




Comezamos de novo con ritmo, moito ánimo e ganas de facer música!!!!!

Dentro de nadiña xa nos volvemos a ver no blogue con novas musicais.

martes, 19 de junio de 2012

A noite de San Xoán





Agora que xa se achega a noite de San Xoán imos amosaros o ben que facemos a cantiga popular


(Grazas pola sardiña tan típica e tan bonita , Silvia)

domingo, 17 de junio de 2012

Cadros para unha exposición!!!

Estivemos traballando a audición da obra de Modest Mussorgsky titulada
 "Cadros para unha exposición", nela aprendimos coma lles  puxo música os cadros do seu amigo Víctor Hartmann, un total de dez cadros para homenaxear o seu amigo...

 
O primeiro cadro que escoitamos, e dramatizamos foi o "Baile dos poliños no seu cascarón", nel o compositor imaxinou o movidiños que poden ser os poliños no momento de nacer, así que o poliño maior e a mamá galiña ten que aparecer de cando en vez a poñer orden no seu niño, fixádevos o ben que dramatizan estes nenos e nenas dunha das aulas de Guísamo.

O seguinte cadro que traballamos trata dun gnomo algo tímido que non quere sair da súa árbore....




E por último escoitamos logo de ver o conto da bruxa rusa BABAGAYA que nos deu moito traballo de audición e ritmo... 


miércoles, 13 de junio de 2012

Collín toxos e frores!!!

Unha vez que se achega o final de curso cantamos esta canción tan popular e divertida, mirade que ben o fan estes nen@s de Vixoi



jueves, 7 de junio de 2012

A nosa visita ó Cruz do Sar!!!

Saímos o mércores a visitar o cole grande, alí estivemos na aula de música, foi moi divertido e aprendimos moitas cousas, entre elas a facer música con vasos....
                                     






Aquí veredes o ben que o fixeron, quedamos abraiad@s coa súa actuación

 

lunes, 4 de junio de 2012

Sons con moita arte!!!

Unha vez traballados os diferentes pintores nas aulas do CRA, dende o noso magnífico  arte dos sons, tamén fixemos un  achegamento ó mundo pictórico...

Ide botando unha ollada a nosa canción que fai os honores ás cores...


jueves, 17 de mayo de 2012

Día das Letras Galegas

Coa chegada da celebración do Día das Letras Galegas cantamos e dramatizamos a canción popular galega que a continuación ides escoitar, a que a coñecedes?

En homenaxe a Valentín Paz Andrade e o seu amor polo mar...





Outro exemplo para que vexades que ben nos sae en  tod@s as escolas 


lunes, 7 de mayo de 2012

Co noso amigo Bemol tamén xogamos...


Co teclado virtual tentamos de repetir os sons que Bemol nos tocaba antes...






Aquí tedes un exemplo do que fixemos polas escolas a semana pasada,o pasamos xenial e aprendimos moito do piano con Bemol.

martes, 1 de mayo de 2012

O conto de Bemol Pispante

Comezamos en Silvoso con este divertido conto dun ratiño que vivía dentro dun piano, así aprendimos como é o instrumento por dentro, as súas partes, como soa, e Bemol Pispante comentounos  o seu oficio de axudante pianístico...
 

miércoles, 11 de abril de 2012

Seguimos co pentagrama...

Con este novo e derradeiro trimestre do curso seguimos a traballar no pentagrama...




Podedes ver nestes videos o ben que o facemos...





Entoamos xenial estes sons que os coñecemos de marabilla








..así continuamos a aprender ben o pentagrama e os sons que nel viven

miércoles, 28 de marzo de 2012

Seguimos co ritmo...

Como ben se apreza no seguinte video, o ritmo segue por todo o Cra,

  eiquí temos  os nen@s de Silvoso que  representan este baile co ritmo 

en diferentes partes do corpo...


sábado, 17 de marzo de 2012

Somos uns artistas no CRA...



Comezamos cun video da preparación da canción



E agora veredes os artistas que viñeron dende París interpretando esta canción tan divertida

Aquí están  dúas das aulas de Guísamo pero o certo é que tod@s desfrutámola moito...






Asi que como ben se ve, esta canción encantóunos a todo o CRA!

("Eu son un artista" de MAMÄ CABRA)

viernes, 16 de marzo de 2012

Traballamos a intensidade cantando e tocando...

Xa sabiamos facer xogos de intensidade co son pero agora os amosamos como o facemos de ben cunha canción.





E tamén na aula dos cadrados...






Canción " Toca el pandero" acompañada coa pequena percusión de madeira, parche e metal, foi unha versión da canción que xurdiu nas escolas ó longo da semana, algo  máis divertida que a orixinal...

lunes, 12 de marzo de 2012

Sonorizando...

Estes días estamos aprendendo  a poñer onomatopeias e sonorizar unhas láminas de debuxos variados  coa pequena percusión, ahí tedes un exemplo desta actividade...

Coas onomatopeias en Carrio!




E coa pequena percusión en Silvoso!





domingo, 4 de marzo de 2012

Coñecemos xa a casa dos sons: O PENTAGRAMA!!!


Esta semana coñecimos o pentagrama, a clave de SOL que lle da nome os sons, as liñas, os espazos, e foi todo un éxito o noso pentagrama itinerante que pasou por todas as escolas entusiasmándonos a tod@s...



 

Gracias especiais a profe Silvia que contribuíu coas súas dotes especiais a que o pentagrama quedara tan resultón,bicos!!!!

jueves, 16 de febrero de 2012

¡¡¡A cantiga do ENTROIDO escola por escola!!!

Empezamos por CARRIO, fixádevos que ben o fixeron nesta escola, cantan e bailan xenial, ahí vai a súa estrofa...

Carrio I ...
 
...e Carrio II

 

Agora pasamos a escola de GUÍSAMO que cantan a súa estrofa os nen@s da aula dos cadrados...

 

Unha vez escoitadas as anteriores aínda nos quedan por escoitar e ver os artistas que temos en LUBRE, aínda que con algunha que outra baixa o fixeron de marabilla...


En  SILVOSO tamén o fan con tantas ganas que velahí tedes o resultado
  

..E xa por ultimo e con moito ritmo rematamos a nosa cantiga do Entroido coa escola de VIXOI...


 

TAN SÓ QUEDA DESEXAR UN FELIZ ENTROIDO!!!!

miércoles, 15 de febrero de 2012

miércoles, 8 de febrero de 2012

CANTIGA DO ENTROIDO

Esta é a Cantiga que imos a cantar e  bailar no Entroido, é moi movidiña e salseira

aquí a podedes ver en grande:


Pero practicala coa música ollade o vídeo:

Semana de dramatización e audición activa nas escolas do CRA

Esta semana estámolo a pasar moi ben co traballo sobre o compositor Richard Delalande

Richard Delalande foi un compositor, organista e violinista francés(1657-1726) que traballou na corte do Rei Luis XIV de Francia, chamado tamén "El Rey SOL", o "Luis el Grande" .
O Rei encárgalle a Richard a creación dun concerto para as festas que celebraba no marabilloso palacio de Versalles, así que o compositor escribiuno para que as trompetas co seu son brillante e maxestuoso marcara a entrada do Rei no salón do palacio onde os invitados o esperaban.

Os nen@s da escola de Silvoso dramatizan así a entrada dos Reis no salón principal e van saudando ós invitados á festa, logo abren o baile e tod@s os invitados bailan xunto con eles, mirade que ben o fan...




Audición:
" Primer aire del Concierto de trompetas para las cenas del Rey de las fiestas del canal de Versalles".  ( Richard Delalande)

viernes, 3 de febrero de 2012

Guísamo á escena

...e rematamos esta semana chea de acontecementos coa escola de Guísamo...

¡¡¡Aquí podedes ver e escoitar os artistas que temos nestas tres clases!!!



Na aula dos círculos cantamos e bailamos a canción do "Pingüín Sadurniño", moi axeitada para a semana de frío que tivemos, fixádevos que ben se moven...





E por último subimos ó escenario a aula dos cadrados, aínda que éstaban moi pouquiños non lles faltaron as ganas e o fixeron xenial, mirade que ben cantan e acompañan a canción dos animaliños de esta semana...


...e xa estamos na procura da canción " salseira" para o próximo ENTROIDO, non vola perdades...
O DÍA DA PAZ CELEBRÁMOLO CANTANDO DE NOVO


lunes, 23 de enero de 2012

Canción da PAZ

Coma est@s nen@s de Silvoso son tan cantareiros, ahí tedes a canción da PAZ interpretada por eles, esperemos que vos guste

viernes, 13 de enero de 2012

¡¡¡¡Comezamos de novo!!!!

E unha vez rematadas as datas de Nadal comezamos de novo con novas cancións,ritmos,bailes e máis novidades para seguir desfrutando coa música , así que ahí vai a letra da canción que nos servirá para celebrar o DÍA DA PAZ que vai ser dentro de pouco


Os nen@s do cole queremos cantar
para que no Mundo reine a igualdad.

Para que no Mundo sempre haxa PAZ
debemos querernos cada día maís.

Brancos, negros,chinos, indios, que máis da?
se sempre nos queremos chegará a PAZ.


  A cantamos seguindo a música tan coñecida da canción" Tengo una muñeca vestida de azul".