COS RITMOS SEGUIMOS A DIVERTIRNOS
NESTE CASO O FIXEMOS... COA
MESA DE LUZ💡💡💡
Aquí temos un pequeno video do ben que os sabemos ler 💖
Leopold Mozart (1719-1787), o pai de o noso coñecido W.A.Mozart.👦
Foi un compositor, director, profesor e violinista, tamén foi moi coñecido pola educación musical que lle deu ao seu fillo.
O pai e o fillo tiñan un xogo moi simpático entre eles, cando ia durmir o pai tocaba unha melodía no piano a xeito de boas noites para o seu fillo, pero deixaba a melodía sen rematar, así o pequeno Mozart saía do seu cuarto e remataba a peza musical, así quedaban listos para ir durmir.🎹💤💜
Leopold Mozart compoñe para nenos e nenas a sinfonía " Viaxe musical en trineo"
consiste nun conxunto de marchas e danzas que narran un paseo pola neve.
E cun fragmento da sinfonía chamada Kehraus que en alemán quere dicir derradeiro baile e aprendimos a tocar e acompañala coas placas .